skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A NOVA PISCINA DE CAMBADOS SERA REALIDADE EN ONCE MESES

A nova piscina de Cambados e o seu complexo deportivo de O Pombal será unha realidade a finais do ano que ven, A Deputación adxudicou a obra á UTE Prace Servicios e Obras e Copsesa por 846.744,99 euros o que supón unha pequena rebaixa do 0,5 por cento sobre o prezo de licitación A próxima Xunta de Goberno da Deputación porá fin ao trámite administrativo do proceso. Así o anunciaba esta mañá a presidenta provincial, Carmela Silva. O novo proxecto contempla as obras necesarias para corrixir as deficiencias e incluirán a substitución da cuberta do complexo dada a deficiencia en transmitancia…

Read the full description

térmica que presenta e así como a actualización das instalacións de climatización do complexo deportivo. O novo edificio integrarase no espazo urbano colindante reducindo o impacto ambiental, mellorarase o confort térmico, unificaranse o vaso e a praia da piscina cos espazos lindeiros para así mellorar a resposta funcional deste espazo e modificarase o peche para que limite a demanda enerxética que se precisa para acadar o benestar térmico. Con esta reforma tamén se mellorará a eficiencia das novas instalación para así cumprir coa normativa aplicable grazas á instalación de sistemas de eficiencia enerxética que reducirán o consumo enerxético mediante o control e a regulación da temperatura, a mellora do sistema de iluminación coa integración de equipos altamente eficaces e con sistemas de control e integración de luz natural e a mellora do sistema de xeración da auga quente sanitaria e o de quecemento da auga da piscina.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.