Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ASÍ CELEBRARÁN OS MARIÑEIROS DO CERCO ACAMPADOS A NOITEBOA E O NADAL
Se o nadal do ano pasado eran os traballadores de Lantero os que pasaban a Noiteboa e o Nadal nun campamento reivindicativo, este ano son os mariñeiros do cerco, moitos deles de Arousa, os que permanecerán estas datas nas súas tendas de Campaña ante a Xunta en sinal de protesta pola falta de cuotas para o sector. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA trasladámonos ata o seu campamento para que nos contaran cómo pasarán estes días tan sinalados. José Verdes, un dos mariñeiros acampados, explicábanos que ainda que nun principio ían ser 18 os que pasarían Noiteboa e Nadal no campamento, agora xa se…
Read the full description
sumaron máis de 50, desbordando as previsións para esta noite. Para a cea de Noiteboa prepararán un menú con cigalas ou gambóns, doados por empresas coas que traballan habitualmente, ademáis de bacallau que cociñarán no propio campamento. Xa para o xantar de Nadal, agardan a presenza de familia e nenos para compartir carne asada ou churrasco. Ademáis, para felicitar o Nadal e mandar unha mensaxe de agradecemento a todos os que apoiaron as súas reivindicación, grabarán un vídeo, que publicarán na súa páxina de Facebook 'Eu apoio o cerco de Galicia' xusto despóis da mensaxe da S.M o Rei. José Verdes está convencido que a súa loita “manterase presente na historia”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.