Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UNHA EMPRESA TEXTIL XESTIONA AGORA A RESIDENCIA VALLE INCLAN, SEGUNDO A CIG
A Residencia Valle Inclán de Vilanova continúa inmersa nunha rede empresarial, na que dende o pasado 30 de novembro se incorpora unha nova empresa. "Estilo y Moda Dos Andando SL" é agora a concesionaria dos servizos da residencia Valle Inclán, ainda que no rexistro mercantil, consta que, en realidade, a actividade de esta empresa é a venta de moda e complementos. Pero iso non é todo, dentro de este entramado, volve a sair o nome de Jesus Pedro Arribas, propietario de Euroconsultores, outra das empresas afectadas, e tamén agora de "Estilo y Moda Dos Andando SL". Dende a CIG queren poñer en…
Read the full description
coñecemento á Xunta e á Consellería de Sanidade e Benestar esta nova situación que sigue enredando o conflicto empresarial da residencia Valle Inclán. Ademáis, dentro da serie de demandas cruzadas interpostas, nesta ocasión, as extraballadores da residencia de Vilanova están citadas a declarar o vindeiro luns ás 9:30 horas nos xulgados de Cambados para responder á querella presentada por Jesus Pedro Arribas. Son datos que revelaba esta mañá o responsable comarcal da CIG, Xoán Xosé Bouzas Aboi, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.