Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

COMEZAN EN MARZO AS OBRAS DA AVENIDA LUIS ROCAFORT EN SANXENXO.
As obras de humanización da Avenida Luis Rocafort de Sanxenxo comezarán o 1 de marzo e será a Unión Temporal de Empresas (UTE) Nexia-Ors a encargada de realizar os traballos. A adxudicación definitiva da actuación será aprobada o próximo venres pola Deputación cun prazo de execución de seis meses. A súa oferta económica foi de 1.256.062 euros, que supón unha reducción do 23,9% con respecto ao orzamento de licitación inicial, financiados nun 70% pola Deputación e nun 30% polo Concello. O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, reuníronse esta…
Read the full description
mañá para acordar a metodoloxía das obras que, a petición do goberno local, non inteferirán durante o período estival. De tal xeito que os traballos comezarán o 1 de marzo polo marxe esquerdo, subindo dende Silgar, nun tramo que quedará rematado no mes de xuño. Nese momento paralizaranse as obras e o proxecto pendente retomarase o 15 de setembro. A medida permitirá que nos meses de verán, nos que a afluencia de turistas e a poboación en Sanxenxo se multiplica, a zona quede en situación ordenada e non impida o disfrute dos veraneantes. Asimesmo, mudarase a especie arbórea existente por recomendacións dos técnicos da Estación Fitopatolóxica Areeiro. O proxecto contempla beirarrúas con longos de entre 2,5 e ata seis metros, velocidade limitada a 30 quilómetros hora, a instalación de máis de 60 luminarias para garantir a seguridade viaria, a construción de cinco pasos de peóns sobreelevados e outras cinco plataformas elevadas nas interseccións, a colocación de estacionamentos de bicicletas e motocicletas, así como novo mobiliario urbano e máis de medio centenar de árbores, entre outras melloras. Outra das novidades é que se urbanizará a totalidade da vía, incluíndo a conexión coa PO-308, aínda que se descartou tamén o túnel baixo a rotonda ideado no seu día polo anterior goberno provincial En cambio, actuarase en 100 metros máis de lonxitude (ata os 575) e en case 3.000 metros cadrados máis de superficie. Os detalles do plan de execución contábaos esta mañá o deputado provincial tralo encontro co rexedor de Sanxenxo nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.