skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A ANPA DO IES DA ILLA ANALIZA MEDIDAS DE APOIO O DIRECTOR EXPEDIENTADO

A decisión da Consellería de Educación de abrirlle expediente ao director do instituto da Illa, Alfonso Malvido, está a provocar un novo malestar na comunidade educativa do centro.. A directiva da ANPA decidiu convocar unha asemblea para mañá martes ás 7 da tarde no salón de plenos do Concello para analizar a situación. A ela están convidados non só os pais senón tamén profesores, alumnos e veciños en xeral. O obxectivo é aunar criterios á hora de deseñar as medidas de apoio ao director do centro, moi querido pola comunidade escolar da Illa, que se enfronta agora a un posible cese. O director…

Read the full description

foi expedientado pola súa decisión de suspender as clases o pasado 16 de setembro, día do inicio do curso escolar, alegando a imposibilidade de elaborar o calendario debido á falta de profesores. Pola súa banda, Alfonso Malvido prefire de momento gardar silencio co fin de non enturbar o procedemento aberto contra el e á espera de solicitar asesoramento legal. Todo elo ocorre cando a comunidade escolar do IES da Illa xa agardaba que o curso transcorrera dentro da normalidade despois das mobilizacións en contra dos recortes de profesorado que se solucionou coa chegada dun novo profesor o mesmo día en que tiñan que comezar as clases. Nolo decía o vocal da ANPA Vicente Barbosa con quen falamos esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.