skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

REMATAN OS PANTALANS DE TERCEIRA LISTA DE O XUFRE

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ven de rematar a execución das obras de construción dos pantaláns para embarcacións pesqueiras no peirao do Xufre, na Illa de Arousa, realizadas cun orzamento de máis de 700.000 euros. A actuación, demandada de xeito reiterado pola confraría de pescadores do Xufre, dará servizo a máis de 300 embarcacións pesqueiras que se ordenarán en 3 filas de pantaláns. En concreto crearanse 291 prazas para esloras de seis metros; 13 para esloras de oito metros; unha para esloras de 10 metros; e tres para esloras de 12 metros. Esta capacidade dá resposta…

Read the full description

á demanda actual de prazas e reserva prazas dispoñibles para cubrir as necesidades futuras. Agora queda pendente a construción de pantaláns para 4ª lista (embarcacións mexilloeiras) durante o ano 2018. Os traballos están xa en proceso de licitación e contarán cun investimento de 4,4 millóns de euros contemplados nos orzamentos de Portos de Galicia xa aprobados para o vindeiro ano. Así o explicaba esta mañá a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, que visitou a zona acompañada do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e o patrón maior da Confraría.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.