skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

APROBADO DEFINITIVAMENTE O NOVO PXOM DE CALDAS

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Caldas de Reis xa ten novo Plan Xeral de Ordenamento Municipal para os próximos 16 anos. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou esta mañá a orde de Aprobación Definitiva do documento urbanístico e mantivo unha reunión co rexedor municipal, José Manuel Rey. O novo Plan Xeral de Caldas reserva máis de 560.000 metros cadrados para espazos libres e zonas verdes e 132.339 metros cadrados para equipamentos comunitarios. Deste xeito posibilitarase a execución de proxectos como a ampliación da casa do Concello e do…

Read the full description

Instituto Aquis Celenis, e a construción dun novo centro de saúde ou aproveitar os espazos naturais que ten Caldas de Reis ao carón dos ríos Bermaña e Umia, permitindo a creación de parques fluviais na súa contorna. Un 8,77% do concello queda clasificado como solo de núcleo rural, representando o solo urbanizable un 3,50% e o solo urbano un 2,03%. O restante 85,70% do territorio queda clasificado como solo rústico. A Conselleira do Territorio destacou o papel de Caldas de Reis, como cabeceira comarcal na actividade industrial e o seu potencial de desenvolvemento económico, “polo que o PXOM aprobado hoxe responde e atende ás necesidades existentes en canto a actividades produtivas e empresariais, xeradoras de emprego e riqueza”. Asimesmo resaltou os asentamentos e a grande actividade industrial en diversas zonas como As Veigas de Almorzar, a recta de Arcos da Condesa, en Godos e noutros ámbitos localizados de forma dispersa polo territorio. Non obstante, o novo PXOM delimita un total de 10 sectores de uso industrial nestas zonas, regularizando ademais os asentamentos industriais xurdidos á marxe do planeamento. En todo caso, segundo Angeles Vázquez trátase dun Plan Xeral “ambicioso que ordena as actividades existentes e prevé posibles actuacións; e por outra banda reserva solos para atender a novas demandas empresariais”.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.