Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PREPARA UNHA AMPLA PROGRAMACION CULTURAL PARA OUTONO E INVERNO
A Concellería de Cultura de Cambados prepara unha ampla programación cultural para outono e inverno. O concelleiro que dirixe o departamento, Víctor Caamaño, presentou esta mañá as diferentes actividades pensadas para todo o público. En Outubro, Ciclo de teatro adulto, os domingos ás 19 horas no Auditorio da Xuventude, combinado coas proxeccións de memoria histórica en Exposalnés os sábados ás 20.30 horas e o mes das bibliotecas con actividades para os máis pequenos tanto na municipal Luis Rei como nas axencias das parroquias A programación de outubro péchase coa celebración do Samaín e o…
Read the full description
Magosto no xardín das instalacións da biblioteca Luis Rei. En novembro, a programación xirará en torno aos actos adicados á figura de Ramón Cabanillas, coa conmemoración o día 9 do 57 cabodano, actividades musicais -festivais de bandas populares e de corais-, e actividades relacionadas co enoturismo-obradoiros de cata, xornadas de augardente e exposicións-. Xa en decembro, todo estará centrado no Nadal. Os detalles explicábaos esta mañá o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, nunha rolda de prensa que seguimos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.