skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Vilagarcia conmemora o 8m cunha semana de actividades a prol da igualdade efectiva

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía conmemorará o 8M, Día da Muller Traballadora, cunha semana de actividades para concienciar á cidadanía e loitar pola igualdade efictiva entre homes e mulleres Os actos comezarán este domingo 1 de marzo, coa manifestación convocada en Verín. O concello de Vilagarcía porá a disposición un autobús para todas as persoas que queiran asistir. Só deberán anotarse no correo galegas8msalnes@gmail.com Posteriormente, o venres 6 de marzo ás 12 do mediodía terá lugar a lectura do Manifesto do Consello local da Muller aprobado onte no pleno municipal…

Read the full description

que este ano pronunciará Teresa Brianes Loroño, recente gañadora do Premio Autónoma do Ano. Pola tarde realizarase a presentación do libro "Eu son Carolina" de Javier Carballo de Jesús. E xa pola noite as mulleres que o desexen poderán asistir á tradicional cea no restaurante A Batea de Vilagarcía. Os actos continúan o sábado 7 de marzo coa XII edición do Maratón Fotográfico polas rúas da cidade. Xa o 11 de marzo realizarase unha proxección do filme "Una Cuestión de Género", coa colaboración do Cine Clube Ádega e para rematar, o 13 de marzo celebrarase no Salón García, unha mesa de debate coa participación de mulleres que relatarán a súa experiencia de vida en diferentes ámbitos. A programación foi presentada esta mañá pola concelleira de igualdade de Vilagarcía, Tania García e a Directora do CIM municipal, Julia Barbosa.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.