Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

SATISFACCION XERAL EN CAMBADOS POLO NOVO REGULAMENTO DAS INSTALACIONS DEPORTIVAS
O Concelleiro de Deportes, Victor Caamaño, valora positivamente a aplicación do novo regulamento das instalacións deportivas do municipio e do organigrama implantado. Un novo modelo de xestión do persoal centralizado no Pombal, con aumento dos operarios adicados ás tarefas de mantemento, un servizo de limpeza, e a inversión de 30.000 euros en melloras das instalacións deportivas municipais son os aspectos máis relevantes. Ademáis, tamén se implanta unha ordenanza de usos das instalacións. Segundo o concelleiro, “dende os clubes deportivos hai en xeral unha idea de satisfacción” co novo…
Read the full description
regulamento pero recoñece a existencia dalgunhas protestas por parte de persoas que asisten ás instalacións debido ás restriccións que impón a normativa de entrar nos terreos de xogo de forma aleatoria e sen control. Así o explicaba Victor Caamaño nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.