Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O GRUPO LINAMAR MELLORA A SUA COMPETITIVIDADE COA A XUDA DA XUNTA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitaron esta mañá o grupo Linamar, situado no porto de Tragove, en Cambados, e que resultou beneficiario dunha achega da Xunta para mellorar os seus procesos de produción e venda. Concretamente, a empresa recibiu unha subvención por importe de máis de 3,3 millóns de euros dirixida a lanzar novos produtos innovadores e introducir novos sistemas de xestión, organización e medidas de aforro enerxético. Linamar está dedicado á transformación e comercialización de moluscos…
Read the full description
frescos e elaborados de Galicia, especialmente ao mexillón, e emprega a 150 persoas directa e indirectamente. A empresa conta cun centro de depuración, salas de elaboración, peiraos de carga refrixerados e maquinaria de última tecnoloxía para o envasado dos produtos. Ademais, foi pioneira en desenvolver o envasado en atmosfera protectora para o mexillón, cun sistema novidoso que amplía a vida útil do produto e garante unha maior caducidade mantendo a súa calidade e frescura. Actualmente a empresa centra a súa estratexia no lanzamento de produtos elaborados de mexillón de V Gama. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou ao grupo a satisfacción da Xunta polo traballo realizado.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.