Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ALBARIÑO VIVE A TERCEIRA XORNADA
As festas do albariño continuan na súa terceira xornada con actividades de todo tipo para grandes e pequenos..e tamén coa presencia de autoridades institucionais.. Hoxe percorreu os 46 stands do Paseo da Calzada o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, acompañado polo alcalde Luis Aragunde. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as súas impresións durante a visita. E en canto as actividades paralelas, durante a mañá proxección infantil na Casa Dos Fraga, no salón José Peña continuan as catas no Tunel do Viño durante todo o día. A 1 actuación da charanga Os Jalácticos no Paseo da…
Read the full description
Calzada. E pola tarde, xornadas técnicas do Albariño, no Museo do Viño, ás 8 e media unha actuación do grupo de percusión Omar Percussion Group. Xa pola noite na Praza do Concello verbena coas orquestras Yucatán e Camelot e nos concertos da Praza de Fefiñáns estarán a partir das 23 horas La Moda e Kiko Veneno. O domingo será o día grande co nomeamento das donas e Cabaleiros do Capítulo serenísimo e o xantar institucional que terá lugar as 2 e media da tarde. Un xantar no que non estará presente ningún partido da oposición despois de que o PSOE de Cambados anunciara a súa renuncia ás tres invitacións que lle corresponden como membros da Corporación municipal. E dende hai xa un par de anos tampouco o BNG acude ó acto por iguales motivos. A portavoz socialista, Fátima Abal, considera este evento como “un despilfarro de cartos cando moitos veciños non poden pagar os seus recibos nin dar de comer aos seus propios fillos e teñen que recibir axudas como a Risga ou percibir alimentos proporcionados por Amigos de Galicia ou por Cáritas”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.