Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UNHA DELEGACIÓN DE POLÍTICOS DE FILIPINAS COÑECEN CAMBADOS E COMO SE RIXEN AS ADMINISTRACIÓNS PÜBLICAS EN ESPAÑA
Unha delegación composta por 24 membros, todos eles políticos, concretamente senadores e deputados de Filipinas visitaron esta maña o concello de Cambados, onde ademáis de coñecer un pouco máis como se rixen as adminitracións locais, aproveitaron tamén para coñecer de primeira man os sectores do mar e o viño, entre outros, facendo unha ruta de visitas polas distintas empresas da localidade. O obxetivo desta viaxe a España é coñecer e informarse acerca de como funcionan ás administracións públicas en España para poder utilizar un modelo similar no seu país. Esta tarde, a delegación filipina…
Read the full description
visitará Santiago de Compostela e mañá trasladaránse ata Madrid onde continuarán coa súa labor de aprendizaxe. O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, mostrouse moi satisfeito pola visita desta delegación e explicoulles a súa labor como rexidor e a situación do concello, que en palabras do alcalde, conta cunha boa saúde económica. A recepción deste mediodía acudiron os 24 membros da comitiva filipina xunto co seu embaixador en España, Carlos Salinas, e representantes da Xunta de Galicia, o delegado territorial en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, e o director xeral, Gonzalo Ordoñez, ademaís do alcalde de Cambados, Luis Aragunde. Escoitamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA as palabras do Embaixador filipino, Carlos Salinas, e do alcalde de Cambados, Luis Aragunde..
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.