Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A POXA POLO XERIATRICO VALLE INCLAN SERA O 26 DE MARZO.
A POXA DOS TERREOS E EQUIPAMENTO DA RESIDENCIA VALLE INCLAN DE VILANOVA SERÁ O PROXIMO 26 DE MARZO NO XULGADO DO MERCANTIL DE PONTEVEDRA. Os bens foron valorados en 5,3 millóns de euros. Se non hai ninguén que puxe por esta cantidade, o xulgado poderá adxudicalos directamente a quen pague un 30 % do total, é dicir, 1,6 millóns de euros. A poxa é conclusión do proceso de liquidación a que está sometido Viaxes Silgar, a empresa que inicialmente xestionaba as instalacións, e que agora realiza a firma Nurtime. E a pesar de que os sindicatos ven con alivio a que por fin se realice a poxa…
Read the full description
advirten, sen embargo que a cantidade pola que se adxudicaría a residencia se non hai niguén que o faga pola totalidade, non sería suficiente para pagar as indemnizacións ás traballadoras despedidas. Segundo os seus cálculos, a débeda total de Viaxes Silgar rolda os 5 millóns de euros. Ademáis, os sindicatos piden ao xulgado que blinde o proceso de puxa, para que non poidan concorrer á mesma nin Francisco Rodríguez Janeiro nin Enrique Martínez, propietario e xerente respectivamente de Viaxes Silgar. Tamén lle reclaman á Xunta que se comprometa a manter o centro aberto coas 110 prazas concertadas que ten na actualidade. Son datos que nos ofrecía esta mañá en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o secretario comarcal da CIG, Xoan Xosé Bouzas.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.