skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

TELMO MARTIN ASUMIRA ESTA SEMANA A ALCALDIA DE SANXENXO

Telmo Martín asumirá esta semana, posiblemente mañá mesmo, a alcaldía de Sanxenxo trala renuncia de Gonzalo Pita que se oficializou no pleno municipal da pasada tarde. Mentres tanto, o alcalde en funcións será Daniel Fernández, ata agora concelleiro de Urbanismo e nomeado hai uns días por Pita como tenente de alcalde único. Foi un tenso pleno, no que o executivo local decidiu limitar a asistencia de público e ducias de veciños quedaron ás portas manifestando con golpes e abucheos as súas protestas. Na xustificación da súa renuncia á alcaldía, Gonzalo Pita insistiu nos seus argumentos…

Read the full description

valorando de forma moi negativa a actitude dos que ata hai pouco foron seus socios. Todo elo polo futuro de Sanxenxo. Dende BNG e PSOE, o nacionalista David Otero acusou ao alcalde e aos dous concelleiros de SAL que o respaldan de actuar dun modo bochornoso e a socialista Coral González-Haba, asegurou sentirse enganada, estafada e utilizada. Pola súa banda, o que dentro duns días será o novo alcalde, o popular Telmo Martín, calificou a renuncia de Pita como “un acto de valentía” e recriminou aos agora portavoces da oposición que puxeran por diante as siglas dos seus partidos e non o interés dos veciños. Declaracións dun pleno que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.