Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS APROBA O ORZAMENTO MAIS ALTO DA ULTIMA DECADA
O Concello de Cambados aprobou no pleno extraordinario da pasada noite, cos votos a favor do cuatripartito e o voto en contra do PP, o orzamento para este ano, que asciende a 9.4 millóns de euros, o máis alto da última década, segundo os datos do goberno local. A maior parte do gasto estará destinado a persoal e gastos correntes, mentres que as inversións reais serán de 655.000 euros, cuxa maior parte, máis de 200.000 euros, irá destinada á remodelación da Praza de Abastos. Tamén se incluen as actuacións de reforma do Centro de Saúde, a mellora das pistas de tenis de O Pombal e tamén de…
Read the full description
diferentes camiños municipais. Entre as prioridades do orzamento están os Servizos Sociais, cunha partida que se incrementa ata os 400.000 euros, a máis alta dos últimos seis anos. Dende a oposición, o portavoz do PP Luis Aragunde argumentou o seu voto en contra censurando que as contas chegaban tarde, son excesivamente continuístas e as únicas inversións que contemplan son as que se aportan a través do Plan Concellos da Deputación. Ademáis, cuestiona que determinadas partidas de Servizos Sociais e Festas non se axustan ás necesidades reais do Concello. Neste sentido, Aragunde recrimina o que considera escasa colaboración con Esperanza Salnés ou o retraso no pago das axudas escolares. Sen embargo, o Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, valora positivamente a aprobación dos orzamentos municipais para este ano e defende o contido do documento.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.