Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CONTINUA O RESCATE DO MOZO DE BAMIO FALECIDO NAS POZAS DO EZARO
Os traballos de rescate para recuperar o corpo de Erich Moledo Troncoso, o mozo de Bamio de 33 anos que faleceu este domingo cando practicaba barranquismo no Ezaro continúan sen de momento obter ningún resultado. O operativo está sendo difícil debido a que a poza está nun lugar moi inaccesible e para posibilitar a busca, permanecen pechadas as comportas do encoro, co fin de reducir o caudal da auga. Ademáis, nestes momentos hai pouca visibilidade na zona debido á neboa, o que provoca que os traballos se ralenticen. Nolo decía para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA un dos membros de Protección Civil…
Read the full description
de Cee, integrante do operativo de rescate. As primeiras hipóteses do que puido suceder é que o xoven, que xa realizara este deporte por libre noutras ocasións, podería ter sufrido un desvanecemiento Segundo as primeiras declaracións dos seus acompañantes ós servizos de emerxencias, Erich teríase agarrado a un dos seus amigos no momento da caída, pero finalmente precipitouse nunha das pozas do río Xallas existentes na base das cascadas. Foron os seus propios acompañantes, tres veciños tamén de Vilagarcía, os que deron a voz de alarma ó 112. De inmediato foron mobilizados os bombeiros de Cee, os equipos de emerxencias do Ézaro, a Garda Civil e unha ambulancia asistencial. Posteriormente se incorporaron mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil, que continúan a busca. Sen embargo, os labores de rescate están a ser moi complicados debido a que a poza na que tería caido o mozo está nun lugar moi inaccesible, ó que tamén se suma a néboa existente na zona que impide ter boa visibilidade.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.