Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILANOVA REXISTRA UN 24 POR CENTO MENOS NOS DELITOS NOS DOUS ULTIMOS ANOS.
O número de delitos en Vilanova de Arousa descendeu nun 24 por cento entre o 2012 e 2013 É o balance que facía esta mañá a xunta local de seguridade reunida no Concello de Vilanova baixo a presidencia do subdelegado do goberno, Claudio Coello e o alcalde Gonzalo Durán. Segundo os datos ofrecidos nesta xuntanza, o Concello de Vilanova rexistrou un descenso do 9.85% no número total de delitos e faltas durante o ano 2013 con respecto o ano anterior 2012. Na localide notouse un descenso nos delitos, concretamente nun 24.59% no ano 2013, sen embargo, o número de faltas por furtos aumentou un…
Read the full description
9.15%. No que levamos de ano 2014, tamén se anotaron datos á baixa, un 9.33% menos no total de delitos e faltas, polo que segundo o alcalde, Gonzalo Durán, Vilanova é un pobo tranquilo para vivir e disfrutar das vacacións. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollimos as declaracións do Subdelegado do Goberno, Antonio Coello, que ademáis de facer o balance oficial, tamén felicitou o traballo diario das forzas de seguridade de Vilanova. Escoitamos ó Subdelegado, Antonio Coello, e ó alcalde, Gonzalo Durán.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.