Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS FAMILIAS CON NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS DENUNCIAN DISCRIMINACION NAS AXUDAS PARA OS LIBROS
Familias do Salnés con nenos que teñen necesidades educativas especiais expresaron esta mañá a súa indignación polo que consideran discriminación cara os seus fillos e fillas na convocatoria de axudas para a adquisición de libro de texto para o curso 2014-2015. Aseguran que os libros que necesitan os seus fillos non estan contemplados na orde de convocatoria do chamado “cheque libro”. Por tal motivo, as familias afectadas decidiron crear unha comisión de seguimento sobre este tema na que estan integradas a coordinadora de ANPAS de Vilagarcía, a Asociación "Por Dereito" (para a integración de…
Read the full description
persoas con autismo), a ANPA "Os Olmos" do C.E.I.P. Sto. Tomé de Cambados e as familias de alumnos con necesidades educativas especiais matriculados en colexios públicos e concertados da Comarca do Salnés. Os motivos do seu malestar nolos contaba para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a presidenta da ANPA Os Olmos do Colexio Sto Tomé de Cambados, Nicol Rial.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.