skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Cambados solicita a desafectacion dos terreos portuarios

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O Concello de Cambados ven de presentar ante Portos de Galicia a solicitude para a desafectación dos terreos portuarios. Son un total de 36.000 metros cadrados duns espazos que xa nos anos 80 foran #cedidos á Xunta por parte de Costas do Estado pero que, como sinala o Concelleiro de Urbanismo, Xurxo Charlín, xa formaban parte da vida cotiá da veciñanza cambadesa. Son #emprazamentos como o Paseo da Calzada, o entorno do Centro de Saúde, a Estación de Autobuses, a Praza de Abastos, o Salón Peña ou a escalinata de Santo Tomé. Espazos que, segundo matiza o…

Read the full description

Concelleiro de Urbanismo, Xurxo Charlín, na última DEUP pasaron a ser consideradas "zonas de #non_estricto uso portuario", de xeito que a súa desafectación non influirá no desenrolo do porto. Tendo esto en conta, o goberno municipal xustifica a petición argumentando que o Concello está asumindo o #mantemento e #alumeado dos espazos cuns custes duns 80.000 euros ao ano, que van máis aló ao sumar o tratamento contra o picudo vermello que se realiza no Paseo das Palmeiras. Pero ademáis, a alcaldesa Fátima Abal lembra as #taxas que o Concello debe pagar a Portos polo #uso dos espazos portuarios e que, segundo os cálculos municipais, poden ascender a uns 100.000 euros anuais. Unha vez presentada a solicitude, Portos tramitará a #petición de Cambados xunto coa doutros concellos de Galicia presentadas a través da Fegamp No caso da vila do albariño, Portos #revertirá de novo os terreos a Costas do Estado e posteriormente o organismo estatal concederá a #titularidade #municipal. Precisamente, ante Costas do Estado o Concello de Cambados xestiona tamén a desafectación do #complexo deportivo de #OPombal. O executivo municipal mantivo xa unha primera reunión co responsable provincial que lle indicou os #primeiros_pasos a seguir no que seguramente tamén será unha longa tramitación.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.