Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS EMIGRANTES RETORNADOS PROTESTAN CONTRA FACENDA EN VILAGARCIA E EN MADRID
Dia de mobilizacións dos Emigrantes Retornados do Salnés e do Ulla Umia en Vilagarcía e en Madrid. Os primeiros, a Plataforma do Salnés, congregou esta mañá na capital de Arousa a uns 300 afectados polas sancións da Axencia Tributaria nunha concentración realizada ante a delegación de Facenda, que se simultaneou con concentracións en todalas oficinas da Axencia Tributaria en Galicia. Paralelamente, en Madrid, 1.500 emigrantes retornados, entre eles os integrantes da Asociación do Ulla-Umia e das Plataformas do Morrazo e da Estrada, manifestábanse dende a Porta do Sol ata o Congreso nunha…
Read the full description
mobilización convocada pola Federación Española de Emigrantes Retornados. Dous escenarios diferentes pero un mesmo obxectivo.. que se revoquen os expedientes sancionadores emitidos pola Axencia Tributaria ós pensionistas e que se modifique a lei para garantir igualdade de trato aos emigrantes retornados. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA démolles voz a uns e a outros falando en Vilagarcía con Xosé Lois Leiros, portavoz da Plataforma do Salnés e en Madrid con Maruchi Alvarez, da representación trasladada a Madrid.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.