Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O GROVE PEDIRA A DECLARACION DE INTERES CULTURAL PARA O XACEMENTO DE ADRO VELLO
O concello de O Grove solicitará a declaración de Ben de Interés Cultural para o xacemento arqueolóxico de Adro Vello co fin de conseguir unha maior protección para a zona. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de O Grove, Miguel Angel Pérez, comprobaron esta mañá os traballos de limpeza e recuperación do xacemento que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra. O xacemento arqueolóxico de Adro Vello, ubicado en San Vicente, encóntrase dentro da ruta dos castros e xacementos promovida este ano pola institución provincial como reclamo turístico cultural. Os traballos de…
Read the full description
limpeza puideron comezar despois de que se confirmara que o terreo onde se asenta o conxunto arqueolóxico pertence ó dominio marítimo-terrestre de Costas do Estado. As actuacións foron supervisadas esta mañá polo Presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, acompañado do alcalde de O Grove, Miguel Pérez e o arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez. E alí estivo a nosa compañeira Alba Piñeiro para recoller as declaracións da visita, en medio da chuvia e o forte vento que tamén se colou a través do micrófono.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.