Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VARELA CALIFICA DE TOMADURA DE PELO A POSICION DA XUNTA SOBRE A ESTRADA DE BAMIO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Indignación no Concello de Vilagarcía porque a Xunta de Galicia quere deixar fora da súa competencia a vella estrada de Bamio. O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, sinalaba no Parlamento de Galicia que o vial non conta con funcionalidade na rede autonómica de estradas, xa que o tránsito principal realízase pola PO-548. Ao seu entender, “o lóxico é que a súa xestión sexa asumida polo Concello de Vilagarcía, que debería solicitar a transferencia da súa titularidade”. Para o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, trátase…
Read the full description
dunha tomadura de pelo aos veciños de Vilagarcía e anima ao PP a explicar aos veciños da zona, durante a campaña electoral, que a estrada de Bamio é unha estrada secundaria. Tamén reclama aos políticos populares que “se deixen de desplazar a Madrid e defendan os intereses de Vilagarcía en Santiago, xa que o maior enemigo de Vilagarcía é a Xunta”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.