skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS RETIRA A ESTATUA DE FRAGA DO PAZO TORRADO

Cambados quédase sen a figura de pedra máis controvertida dentro da política municipal. Unha empresa contratada polo Concello e operarios municipais retiraron esta mañá a estatua de Manuel Fraga ubicada no Pazo Torrado, facendo realidade unha demanda do BNG de Cambados. A estatua fora colocada polo anterior goberno municipal, do PP, no ano 2012, en homenaxe ao seu nomeamento como cabaleiro do Albariño, xerando duras críticas por parte dos grupos de esquerda, sobre todo do BNG. Cinco anos despóis, a peza foi izada cun guindastre e posteriormente transportada nun camión ata o almacén do autor…

Read the full description

da obra, o escultor Lucas Míguez. A decisión conta co respaldo da maioría do cuatripartito, pero non do concelleiro de Pode, José Ramón Abal, que non asistiu aos traballos. Así o explicaba o edil de Cultura, o nacionalista Victor Caamaño, durante os traballos de retirada da estatua, que tamén presenciaron a alcaldesa, Fátima Abal, e o concelleiro de Somos Tino Cordal, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.