Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A COORDINADORA DE ANPAS PENSA QUE NON SE VAI A AFORRAR CO PECHE DA ESCOLA DO PEDROSO
A Coordinadora de Anpas de Vilagarcía, manifesta o seu total apoio aos pais e nais dos nenos e nenas matriculados para o vindeiro curso na Escola Unitaria de O Pedroso, en Bamio, ante a posibilidade de peche por falta de alumnos. Asegura a coordinadora que "os pais teñen todo o dereito a que se respete a súa decisión de ter matriculados alí os seus nenos, aínda que sexan 4. É a administración a quen ten que garantizar que non se permita que mentres hai coles masificados, onde hai clases de nenos de 3 anos con 25 alumnos, resulta que se pechan escolas porque non hai suficientes nenos"…
Read the full description
Considera o colectivo de ANPAS que esta incerteza sobre que vai pasar cos seus fillos para o vindeiro curso, "deixa ós pais nunha situación complicada para poder conciliar tamén a súa vida laboral e familiar". A presidenta do colectivo, Loli Durán, decíanos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, que o peche non vai supoñer ningún aforro e pola contra infrautilizarase un centro que ten as mellores condicións para a educación das primeiras etapas.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.