Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS COMUNEIROS RECLAMAN MEDIDAS PARA NON TER QUE RESPONSABILIZARSE DOS VERQUIDOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Preocupación na Mancomunidade de Montes de Vilagarcía ante a proliferación de verquidos nos que mesmo se veñen detectando restos de amianto. Os comuneiros reclaman a modificación da Lei de Montes que lles obriga a facerse cargo do custe da retirada dos residuos. I é que coñecer quen é o responsable de cada verquido non é doado polo que inician unha actuación conxunta coa Organización Galega de Comunidades de Montes para solicitar a colaboración da Xunta e dos partidos políticos na buscar unha solución. Entenden que o remedio pasa pola aprobación dunha…
Read the full description
nova Lei de Montes na que se retire a obriga das comunidades de montes de ser responsables solidarios e ter que facer fronte á retirada dos verquidos. Os comuneiros explican que se trata dun "coste tremendo" para estes colectivos que deben aboar o gasto que coleva a retirada dos residuos, que pode chegar aos 5.000 euros. Un gasto imprevisto, sinalan, que merma a situación económica das Mancomunidades de Montes e que debería ser destinado ao mantemento dos montes e a loita contra incendios. Polo de agora contan co apoio do BNG que reclamará que haxa máis investigación para descubrir que fai os verquidos e que se poñan as sancións a quen corresponda para tratar de poñer coto a estas accións. Todo elo abordouse nun encontro celebrado esta mañá en Trabanca Badiña entre representantes do organismo autonómico e os comuneros vilagarciáns para consensuar unha fronte común ante esta problemática
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.