skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MOBILIZACION EN VILAGARCIA POLO DEREITO A FOLGA O 18 DE FEBREIRO

UXT e CCOO mobilízanse para defender o dereito de folga. Será o vindeiro 18 de febreiro, nunha xornada de mobilizacións, que se desenvolverán a nivel internacional, atendendo a unha convocatoria da Confederación Sindical Internacional (CSI), da que os dous sindicatos forman parte. Na comarca do Salnés, a mobilización será na Praza de Ravella ás 12 do mediodía, coincidindo con outras 7 concentracións nas principais cidades de Galicia. UXT e CCOO denuncian o «retroceso inaceptable» das liberdades públicas e das vías de participación democrática. Sinalan ambas centrais que centos de…

Read the full description

sindicalistas —e activistas doutros movementos cidadáns— en todo o Estado enfróntanse á petición de penas de cárcere—. Unha situación que pode empeorar, aseguran, coa tramitación no Congreso e no Senado da reforma do Código penal e a Lei de seguridade cidadá. Os secretarios xerais de ambas centrais, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión, compareceron esta mañá na sede arousá de CCOO para explicar os detalles desta mobilización, elexindo Vilagarcía en recoñecemento ós traballadores de Lantero e á cidadanía vilagarcía en xeral polo seu apoio no conflicto. Unha comparecencia que recolleu para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a nosa compañeira Alba Piñeiro.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.