Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CONCELLO E DEPUTACION ASINAN A MELLORA DA RUA TORRE DE RIBADUMIA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A catástrofe acontecida en Tui coa explosión dunha pirotecnia, con dous falecidos, centrou hoxe a axenda municipal en Ribadumia, onde se gardou un minuto de silencio pola traxedia. Foi un acto previo á breve sinatura do convenio entre a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde David Castro, para mellorar medio quilómetro da Rúa Torre, estrada provincial que conecta o núcleo urbano de Ribadumia e diferentes elementos de gran relevancia na vila, entre os que destaca o comezo da Ruta da Pedra e da Auga. O obxectivo da actuación é potenciar a…
Read the full description
mobilidade peonil e a seguranza viaria na zona coa construción de novas beirarrúas de 2,5 metros e zonas reservadas a peóns pola marxe esquerda, así como da instalación de elementos de calmado de tráfico que limitarán a velocidade a 30 quilómetros hora. O importe da actuación é duns 225.000 euros, dos que as arcas provinciais aportarán 157.561,761 euros (70%) e o goberno local 67.526,469 euros (30%). Unha vez asinado o convenio, a institución provincial procederá á súa licitación, polo que se os trámites administrativos van segundo o previsto, as obras poderían iniciarse no verán ou primeiros do outono.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.