Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UN SHOWCOOKING DE YAYO DAPORTA PARA IMPRESIONAR AOS MEMBROS DE ACEVIN
Cambados acollerá a vindeira semana a Asemblea Xeral de Acevin, dentro do programa de Cambados como Cidade Europea do Viño. Os actos comezarán o xoves 1 de xuño e será unha ocasión para que a vila do albariño amose os seus recursos enoturísticos ante toda a xeografía española. Unha das actividades destacadas será un showcooking que terá lugar o venres pola tarde na Praia de San Saturniño a cargo do chef cambadés Yayo Daporta, unha vez finalice a actividades experiencial coas mariscadoras de GUIMATUR. Segundo o Concello, “é a primeira vez en Cambados que se realiza un showcooking a pe de Praia…
Read the full description
con moluscos extraidos na zona como berberechos, ameixas e navallas”. Así o explicaba esta mañá o concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal, nunha rolda de prensa acompañado polo Presidente da D.O. Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DÍA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.