skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UNHA ROTONDA E UN PASO INFERIOR MELLORARA A SEGURIDADE EN A BRETOÑA, BARRO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta continúa realizando melloras de seguridade viaria na PO-531 entre Vilagarcía e Pontevedra. Desta volta, trátase dun proxecto que se executará no lugar de Bretoña, no Concello de Barro que acaba de sair a exposición pública no Diario Oficial de Galicia cun orzamento de 1,6 millóns de euros, incluídas as expropiacións necesarias. A actuación implica a construcción dunha glorieta e un paso inferior que permita o paso de peóns dun lado a outro da estrada. Asimesmo, crearanse dúas paradas de bus, instalaranse beirarrúas e reforzarse o firme. Tamén…

Read the full description

se renovará o drenaxe lonxitudinal e se mellorará o alumeado público, a sinalización viaria e as barreiras de seguridade. A obra realizarase ao longo de 600 metros entre os puntos quilométricos 8+900 e 9+560, con anchos de carril mínimo de 3,50 metros. A glorieta terá un diámetro de 44 metros e 7 novos puntos de luz. O paso inferior terá unha lonxitude de 38,5 metros. O proxecto atende así a unha demanda veciñal, tal como explicaban esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, e o xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Manuel Ángel González Juanatey na presentación dos traballos. Tamén estiveron presentes o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes e veciños da parroquia. Os traballos inclúense dentro do programa operativo FEDER 2019-20, e en particular, dentro da acción de fomento de estratexias de redución do carbono e da mellora da seguridade viaria.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.