Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A DEPUTACION CELEBRA O ULTIMO PLENO DO MANDATO COA AUSENCIA DE LOUZAN
Coa ausencia de Rafael Louzán, a Deputación Provincial celebrou esta mañá a última sesión plenaria do presente mandato. Un pleno extraordinario que pon fin a vinte anos de Rafael Louzán ó fronte da institución provincial. Nesta última sesión plenaria únicamente deuse conta das actas dos últimos plenos. Todos os responsables da Deputación pasan agora a estar en funcións ata o venres ás 13 horas, momento no que se celebrará o pleno de constitución da nova corporación. Salvo sorpresas de última hora, a presidencia será ocupada pola socialista Carmela Silva e a vicepresidencia polo nacionalista…
Read the full description
César Mosquera. En canto á representación política,12 serán deputados do PP, 10 do PSOE, 4 do BNG e un de A Marea de Vigo. O último pleno deste mandato foi presidido polo vicepresidente da institución, Xosé Manuel Figueroa, ante a ausencia do presidente Rafael Louzán. Así o decía o propio Figueroa nos minutos previos a sesión plenaria. Paralelamente, as negociacións entre PSOE e BNG van por moi bo camino, Ambas formacións ultiman un acordo que levará ós nacionalistas ó gobernó provincial, e que estará presidido pola socialista Carmela Silva. Confirmábao esta mañá o deputado do BNG e próximo vicepresidente da institución provincial Cesar Mosquera. Tamén dende o PSOE, Santos Héctor reafirmaba o bo entendemento co BNG. Declaracións todas elas que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.