Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS DESPEDIDOS DA RESIDENCIA VALLE INCLAN MANIFESTANSE SOLICITANDO A IMPLICACION DIRECTA DA CONSELLERIA DE TRABALLO
O conflicto laboral que padece a Residencia Valle-Inclán, en Vilanova de Arousa, tivo hoxe un novo episodio. Os traballadores despedidos, delegados dos tres sindicatos (CC.OO, CIG e UGT) e militantes de formacions manifestáronse esta mañá dende o Concello ata o xeriátrico demandando unha solución ó conflicto e exixindo a implicación directa da Consellería de Traballo. E tras esta mobilización, o colectivo de despedidos ten previsto remitir un escrito á titular de Traballo, Beatriz Mato, solicitándolle unha entrevista urxente na que lles explique se o seu departamento dectectou as…
Read the full description
irregulariedades na xestión que veñen denunciando os sindicatos. De non obter unha resposta no prazo dunha semana, os traballadores despedidos volverán a mobilizarse en San Caetano, ante as portas da Xunta en Santiago. E ademáis, a vindeira semana tamén é clave para eles, xa que comezan os xuicios polos despidos que se veñen rexistrando dende o comezo deste ano. De todo elo nos falaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Xoan Xosé Bouzas, secretario comarcal da CIG nesta entrevista con Alba Piñeiro a pé de manifestación.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.