Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ATUNLO PROXECTA AUMENTAR EN 15 PERSOAS A SUA PLANTILLA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A fábrica de peixe conxelado Atunlo, ubicada no Polígono Sete Pías de Cambados, aumentará a súa liña de producción, incrementando, ao tempo, o seu persoal. Responsables da empresa expuséronlle á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, os seus plans de ampliación e captación de emprego, co fin de que o Concello poida contribuír á difusión dos postos de nova creación a través da Oficina de Emprego. Concretamente, a empresa prevé contratar a 15 novos traballadores na planta de Cambados nunha nova liña de limpeza de lombos de atún. A oferta laboral vai…
Read the full description
dirixida tanto a homes como a mulleres, a pesar de que, tradicionalmente, o emprego asociado a estas factorias foi eminentemente feminino. Pola súa banda, Fátima Abal agradeceu a aposta de Atunlo pola súa planta de Cambados e os seus plans de emprego, e ofreceu toda a colaboración municipal. A factoria de Atunlo en Cambados está centrada nos lombos de atún cru conxelado destinado a consumo directo e mercados de exportación e ten actualmente 170 empregados. Ademáis de Cambados, tamén ten fábricas en O Grove, Vigo, Santoña, Cabo Verde e Asia e proxectan unha próxima apertura en Vilanova de Cerveira, no Norte de Portugal.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.