Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DURAN: FACEMOS AS OBRAS CANDO CHEGA A FINANCIACION AINDA QUE HAXA ELECCIONS
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán respondeu esta mañá á denuncia presentada polo PSOE de Vilanova ante a xunta electoral motivada polos anuncios de obras e suposta utilización de publicidade institucional por parte do Partido Popular de Vilanova, ó considerar que se está "atentando contra o dereito de igualdade". En concreto, os socialistas sinalanos anuncios realizados nos medios de comunicación das obras que se realizar no pabillón municipal e no Terrón, ós que tamén suman á visita realizada a semana pasada polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, ó dique de abrigo do…
Read the full description
peirao vilanovés. Desde a formación que lidera Javier Dios, consideran que o candidato do Partido Popular e actual alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, "está utilizando as institucións de forma electoralista”. Na súa resposta, o rexedor vilanovés asegurou esta mañá que “as obras se realizan cando chega a financiación”, independementente do momento do ano, coincidindo desta volta con período electoral. Calificou de “incoherente” á formación socialista por pretender no seu programa “inaugurar as obras que agora critican” e auguroulles un mal resultado electoral polo “división interna” que, segundo Durán, padece o PSOE vilanovés. As declaracións do alcalde de Vilanova recollémolas en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.