Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILANOVA CONVERTERA O PABILLON MUNICIPAL EN CENTRO MULTIUSOS
A corporación municipal de Vilanova aprobou esta mañá por unanimidade o acordo dos alcaldes da Mancomunidade do Salnés sobre a adhesión ó convenio de Sogama. O documento contempla a renovación coa empresa pública de tratamento de lixo pero sen aceptar todos os requisitos para poder así optar a outras alternativas na recollida e selección dos resíduos sólidos urbanos. Tamén se aprobou a desafectación dunha vivenda de profesores no colexio Julio Camba para destinala a usos sociais. E ainda que nesta sesión tamén estaba previsto que tomara posesión da súa acta de edil a concelleira popular…
Read the full description
Mónica Charlín tras varios intentos frustrados, hoxe tampouco puido ser porque Mónica Charlín decidiu presentar a súa demisión por motivos laborais que lle restan tempo para adicarlle a faceta política. Charlín tiña que sustituir na corporación a Julio Varela, retirado por unha enfermidade, e agora é probable que xa polo que queda de lexislatura non se cubra a súa vacante. Todo elo contabao esta mañá o alcalde de Vilanova Gonzalo Durán, nunha rolda de prensa na que tamén anunciaba unha actuación de mellora do pabillón deportivo para convertelo en centro multiusos a través duha subvención da Deputación por importe de 250.000 euros.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.