skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS CONCELLOS DA AREA SANITARIA DE O SALNES PRESENTARAN MOCIONS CONTRA A SUA ELIMINACION

A Xunta de Persoal do Hospital de O Salnés, reuniuse esta mañá cos alcaldes dos concellos da comarca para explicarlles a súa posición e a repercusión que terá para os cidadáns a posible eliminación da Area Sanitaria de O Salnés, e para abordar tamén as posibles medidas que se deberían tomar para evitar esta situación. Na xuntanza acordaron “remar todos na mesma dirección” e decidiron presentar unha mocion conxunta en todos os concellos para reclamar que se manteña a Área Sanitaria de O Salnés e pedir a retirada do Anteproxecto de lei. Ademáis, consideran realizar mobilizacións en setembro e…

Read the full description

instalar carteis e pancartas para a defensa da Área Sanitaria. Trala reunión cos gobernos, o vindeiro xoves a Xunta de Persoal de O Salnés reuniráse cos concelleiros do resto de partidos poíticos e cos sindicatos ás 20 horas no Hospital de O Salnés. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falamos coa presidenta da Xunta de Persoal de O Salnés, Rosa Casal que nos deu todos os detalles da xuntanza mantida esta mañá e recordou que seguirán loitando por unha sanidade pública e de calidade.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.