Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS SABOREA A VIEIRA ESTA FIN DE SEMANA
Cambados inaugurou este mediodía a Festa da Vieira, que chega a súa 16 edición e que se celebrará durante toda a fin de semana. A apertura da carpa de degustación, ubicada no Paseo da Calzada realizouse nun acto que contou coa presencia de representantes da Xunta e da corporación municipal. O evento gastronómico, organizado pola Confraría de Pescadores, conta este ano coa colaboración de tres estrelas Michelín: Beatriz Sotelo, Inés Abril e Leonor Costiña encárganse da elaboración de tres platos e a tradicional empanada de vieira. As novedosas recetas deste año son: Vieira con crema de apio…
Read the full description
nabo e tomate seco; Arroz negro con vieira e aguacate e Iozas de vieira con caldo afumado. Os prezos por cada ración mantéñense como en edicións anteriores en 8 euros. Os detalles nolos contaban en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, a secretaria xeral de Pesca da Xunta, Mercedes Rodríguez, e o patron maior da Confraría de Cambados, Ruperto Costa.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.