Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS RENDE HOMENAXE AO ESCULTOR NARCISO PEREZ NO 90 ANIVERSARIO DO SEU FALECEMENTO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados renderá homenaxe este venres ao escultor cambadés Narciso Pérez en conmemoración do 90 aniversario do seu prematuro falecemento. A vida do escultor quedou truncada aos 25 anos un 3 de xullo de 1930 tras un accidente de tráfico cando regresaba de Madrid, onde estudaba cunha beca concedida pola Deputación de Pontevedra. Agora o Concello quere renderlle tributo cunha placa conmemorativa na súa casa natal do barrio de San Tomé e amosando unha pequena parte do seu traballo nunha exposición permanente no Pazo Torrado. Segundo…
Read the full description
explicaba esta mañá o Concelleiro de Cultura, Tino Cordal, ao falecer a tan temprana idade o seu legado é reducido e descoñecido en moitos casos o seu destino. Dúas das súas obras máis significativas de Narciso Pérez poden contemplarse no Museo de Pontevedra: o “Guerreiro Celta” e o “San Ero da Armenteira En Cambados son da súa autoría a fonte da Praza Alfredo Brañas, a segunda fase da fachada da Casa dos Pomares, iniciada polo seu pai en 1915, e os elementos decorativos da fachada da Confraría de Pescadores. Na exposición permanente que se inaugura o venres no Pazo Torrado poderanse contemplar seis pezas da representación dun bautizo e varias tallas de madeira.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.