skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A XUNTA SUSPENDE O DEPORTE FEDERADO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a14 As novas restriccións acordadas polo comité clínico esta pasada noite entran en vigor o xoves, de xeito que a partir dese momento, os concellos de Pontevedra, Meis, Moraña, Catoira, A Lama e Forcarei suben ao máximo nivel. Todos eles pasarán a ter #peches_perimetrais individuais e a #hostelería só poderá servir no exterior cun aforo do 50%. E a maiores destas medidas, con carácter xeral, suspéndense as competicións no deporte federado a nivel autonómico, os adestramentos deben ser individuais ou nun máximo de catro persoas e deben adaptarse ao peche…

Read the full description

perimetral e ao toque de queda. Son parte das novas restriccións que esta mañá detallaba o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, adoptadas polo comité clínico ante o rápido crecemento de ocupación tanto das ucis como da hospitalización en planta. Segundo o Conselleiro, ainda que Galicia está nunha porcentaxe privilexiada, a situación é preocupante, xa que nos últimos 10 días a carga asistencial está incrementándose paralelamente ao número de casos positivos. García Comesaña tamén amosou a súa preocupación polo cumprimento dos aforos nas terrazas de hostelería e posicionouse a favor de adiantar o toque de queda ás 20 horas.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.