Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PERPETUA A MEMORIA DE CABANILLAS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados conmemora este venres 9 de novembro o tradicional Cabodano do falecemento de Ramón Cabanillas. O acto de homenaxe ao escritor cambadés inclue este ano a entrega de premios do I Concurso de Poesía “Cambados Mar de Letras”, creado polo Instituto Asorey e o Concello. Será ás 11.30 horas no centro educativo. Xa pola tarde, ás 18 horas en Exposalnés presentarase oficialmente o Proxecto de Musealización do Legado Cabanillas por parte do seu deseñador Pepe Barro. Posteriormente, sucederanse os actos de homenaxe propiamente ditos: a…
Read the full description
ofrenda floral, lectura dos seus poemas, ante a súa figura no Paseo da Calzada, e un concerto a cargo do grupo Cantigas e Agarimos no Auditorio da Xuventude. A maiores, co fin de perpetuar a memoria de Cabanillas. a Concellería de Cultura está preparando un “Roteiro Cabanillas” que a través de vintecatro puntos dispersos por Cambados pretende dar a coñecer a vida e traxectoria do poeta. Ademáis, coa intención de achegar o seu legado tamén ao ensino, o departamento de Cultura está elaborando un libro destinado aos máis pequenos do municipio. Así o avanzaba o Concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, na presentación dos actos conmemorativos.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.