Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILANOVA CELEBRA A FESTA DA MUSICA CON OUTRAS 350 CIDADES DO MUNDO
Vilanova acolle este domingo ás 20.30 horas a primeira edición da Festa da Música, que se unirá a outras celebracións semellantes en todo o mundo durante esa xornada, xa que está previsto que o evento teña lugar en máis dun cento de países e en 350 cidades. O obxectivo é levar a música ao maior número de localizacións, e persoas polo que van ser as prazas e rúas do centro urbano de Vilanova as que servirán de escenario, concretamente, a Praza dos olmos, a Praza do castro, o Xardin Umbrio e o paseo marítimo. Todo elo nun programa que será totalmente gratuíto e aberto a todos os públicos…
Read the full description
Estarán presentes colectivos como a Escola de Música, a asociación Amigos da Música, as comparsas Vellas Glorias, Golfiños e A Carabuxa, así como o colectivo de gaitas O Con Grande. Así o explicaban esta mañá as organizadoras do evento nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.