skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

SOMOS CAMBADOS CONXUGA EXPERIENCIA E RENOVACION PARA LIDERAR O GOBERNO MUNICIPAL

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Somos Cambados presenta ás eleccións municipais unha candidatura que conxuga experiencia e renovación e coa que pretende liderar o goberno municipal despóis do 26 de maio. A formación de esquerdas proponse "consolidar o cambio nos próximos catro anos con persoas moi formadas e representativas de todas as parroquias e de todos os sectores productivos”. O cabeza de lista, Tino Cordal, destacaba esta mañá, durante a presentación realizada no parque das palmeiras do Paseo da Calzada, que Somos Cambados foi a verdadeira alternativa ao PP hai catro anos e…

Read the full description

agora volve a ser decisivo para facerlle fronte aos populares”. Asimesmo, incidía en que foi o grupo municipal que máis acordos de goberno conseguiu para levar a pleno e o que máis mocións presentou ante a corporación. A candidatura de Somos Cambados está encabeza por Tino Cordal, actual Tenente de Alcalde e responsable das áreas de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade. Natural de Fefiñáns e veciño de Oubiña, é Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense, Master en Administración Pública pola Universidade de Lovaina (Bélxica), e Profesor da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo e Vicedecano da Universidade de Vigo. Nestes catro anos compaxinou a docencia no campus de Pontevedra e Ourense coa actividade municipal, sendo o único dos candidatos á alcaldía que non percibiu ningún salario pola a súa actividade política. O empresario e actual Concelleiro de Economía e Facenda e Promoción Económica, Xurxo Charlín, mantén o número dous da candidatura. A número 3 é Carolina Aragunde Laya, natural de Vilariño e veciña de Corvillón. Licenciada en Xornalismo e empresaria. Traballou durante 5 anos no Reino Unido en diferentes empresas do ámbito da comunicación, as ventas e a comercialización dixital. Fernando Rey, natural de Castrelo, é o 4º integrante da candidatura de Somos. Directivo dunha cooperativa vitivinícola e presidente do Club de Atletismo Cambados, na actualidade traballa como axente inmobiliario. Noelia Gómez, veciña de Cambados, ocupa o número 5 de Somos Cambados. É fundadora e presidenta do Club INNAE Cambados de Taekwondo, cinturón negro Terceiro Dan e árbitro nacional. Noelia foi a organizadora do Campionato provincial de taekwondo para escolares, celebrado en Cambados hai unhas semanas. A candidata número 6 é Teresa Piñeiro Morrazo, natural de Corvillón e veciña de Fefiñáns. Representante das mariscadoras na Confraría de pescadores de Cambados e membro do Cabildo. No posto número 7 sitúase Antón Cordal Barreiro, veciño de Cambados e director administrativo dunha empresa depuradora de moluscos en Castrelo. Xa formou parte da anterior candidatura. Silvia Vozza Chazo é a número 8. Veciña de Corvillón é técnica en atención sociosanitaria a domicilio. A filóloga de Vilariño e profesora do IES Asorei, Inma Castro González, ocupa o noveno lugar da candidatura. E no décimo posto sitúase o profesor de ensino Manuel Fariña, licenciado en Ciencias Políticas e Diplomado en Maxisterio. Colaborador do fútbol base do Club Juventud Cambados e membro de varias asociacións culturais.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.