Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS CONCELLOS DO SALNES RECIBIRON 19,6 MILLONS DE FONDOS COA NOVA DEPUTACION
Os concellos do Salnés levan recibido ata este ano 19,6 millóns de euros de fondos da Deputación de Pontevedra. Sanxenxo e Vilanova son os que maior importe obtiveron, 3,5 millóns de euros cada un, seguidos de Cambados, 2,3 millóns, Vilagarcía e a A Illa de Arousa, con 2 millóns respectivamente, O Grove, 1,3 millóns, Meaño 1,2 millóns, Meis 919.000 euros e Ribadumia 859.000 euros. Neste importes están recollidos os fondos do Plan Provincial do 2015 e do Plan Concellos 2016-2017 ademáis de inversións noutras materias como en cultura, emprego, deportes, turismo, mobilidade ou igualdade. As…
Read the full description
cantidades supoñen, segundo os cálculos da institución provincial, 1 millón de euros máis que os distribuidos polo anterior equipo de goberno do PP no Plan do 2015. Os datos facilitábaos esta mañá a presidenta provincial, Carmela Silva, que solicitou a Xunta de Galicia un reparto das axudas autonómicas cunha metodoloxía semellante ao Plan Concellos provincial. Así o explicaba Carmela Silva nun almorzo informativo cos medios de comunicación no que estivemos presentes dende AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.