Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ALBERTO VARELA PROPON A RETIRADA DAS CONTAS MUNICIPAIS DOS BANCOS QUE REALICEN DESAFIUZAMENTOS
O PSOE entra oficialmente en precampaña, e para visibilizala, un autobús coa marca socialista, que esta mañá estivo en Vilagarcía, percorre dende hoxe as cidades máis importantes do país, e tamén recalará no municipio de Barro, ás 2 desta tarde. A presencia do bus socialista en Vilagarcía foi aproveitada polo candidato a alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, para desvelar dúas novas propostas do seu programa electoral, case ultimado, e que vai presentar este venres ás asociacións veciñais e o sábado ós colectivos culturais. Son a inclusión dunha cláusula social nos contratos entre as…
Read the full description
empresas e o concello e a retirada das contas bancarias municipais das entidades que realizan deshaucios. Xunto a Alberto Varela e membros da súa candidatura estivo tamén esta mañá no autobús socialista Julio Torrado, o encargado da campaña, que anunciou que o candidato vilagarcián será o único representante galego que o domingo interveña na clausura dun acto do partido en Madrid, coa presencia dos 25 candidatos ás acaldías de todo o estado. Todo elo recollíamolo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.