skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

COMEZAN AS OBRAS DA NOVA GLORIETA DE ACCESO A PRAIA DE AREAS, EN SANXENXO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Consellería de Infraestructuras iniciou hoxe as obras da nova glorieta de acceso á praia de Areas na PO-308 ao seu paso por Sanxenxo. Unha zona na que existe un cambio de sentido con carril central de espera que non ten eliminado a accidentalidade da intersección. A actuación forma parte do proxecto de mellora da PO-308 entre o miradoiro da Granxa e o acceso a Nanín, unha intervención que conta cun investimento de máis de 420.000 euros. A rotonda contará con dous carrís de catro metros de ancho cada un e beiravías dun metro. O seu radio exterior…

Read the full description

será de catorce metros, mentres no interior haberá un illote central e unha zona empedrada contigua de catro metros. Na zona da curva dos Cotos renovarase o firme, reforzarase a sinalización e balizamento e os sistemas de contención. Ademáis, ampliarase a plataforma da estrada para acondicionar as paradas de bus existentes no treito, para evitar que os autobuses interfiran o tráfico durante as paradas. Asimesmo, executarase algún pequeno tramo de senda peonil no espazo ocupado pola cuneta desde as paradas de bus ata o paso de peóns máis próximo. Tamén se modificarán as beirarrúas existentes nas interseccións do tramo para adaptalas á normativa de accesibilidade e reforzarase a sinalización de limitación de velocidade e nos pasos de peóns para facilitar a súa percepción. A maiores sinalizarase a presenza de ciclistas no tramo e substituiranse os fitos de aresta inicialmente previstos nas interseccións para evitar o aparcamento pola ampliación da beirarrúa nos cruzamento. O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís supervisou esta mañá o inicio das obras lembrando que se trata de mellorar a seguridade viaria nun treito de concentración de accidentes. Por outra banda, Cores Tourís tamén recordou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, convocou para o día 29 de outubro aos titulares dos terreos necesarios para a mellora da seguridade viaria desta estrada PO-308 de cara ao levantamento de actas previas. Os propietarios das fincas deberán acudir o citado día ao salón de plenos do Concello de Sanxenxo, das 10.00 ás 14.00 horas, tal e como publica este xoves o Diario Oficial de Galicia.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.