Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

24 ALUMNOS FORMANSE DENDE HOXE NO OBRADOIRO DE HOSTELERIA DO SALNES
24 ALUMNOS INICIAN AS CLASES NO OBRADOIRO DE HOSTELERÍA DO SALNÉS QUE HOXE SE INAUGUROU NO CENTRO DA DEPUTACIÓN EN A LANZADA Todos eles formaranse durante 6 meses nos módulos de camareiros de restaurante e cociña no Obradoiro de Emprego de Hosteleria que se acaba de poñer en marcha no centro vacacional de A Lanzada, no Grove, cun presuposto de 270 mil euros. O presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, e a deputada provincial Marta Iglesias asistiron este mediodía a inauguración da Séptima Edición deste obradoiro considerado como un dos de maior saída de inserción laboral -arredor…
Read the full description
dun 85%- e pensado para aumentar a profesionalización no sector turístico pero tamén para xenerar oportunidades de traballo entre os mozos desempregados. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, destacou a importancia da Hostelería no Salnés pero lembrou que tiña que mellorar dous aspectos: a profesionalidade e a captación de turismo exterior pois, na actualidade, resulta caro viaxar a Galicia Pola súa banda, a deputada provincial, Marta Iglesias, destacou a importancia dun sector, o do turismo, que na provincia aporta o 12% do seu PIB e ocupa a 40.000 personas. Así o salientaban en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA en conversa con Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.