Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILAGARCIA CHAMA A CIDADANIA A DOAR SANGUE EN VERAN
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos, (ADOS), impulsan de novo a campaña de verán de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 500 doazóns cada día. A unidade móbil de ADOS estará na cidade a finais desta semana ubicada na zona peonil da rúa Castelao. O xoves e o venres de 10 a 14 horas e de 16 a 21 e o sábado dende 10.15 a 15 horas. Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos, cun peso de máis de 50 kilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen…
Read the full description
ata a unidade móbil antes de cada transfusión. O ano pasado, Vilagarcia acadou unha taxa de 41 doazóns por cada 1 000 habitantes, é dicir que 4 de cada 100 veciños realizaron este xesto solidario. Datos que están dentro dos parámetros recomendados pola Organización Mundial da Saúde, pero todavía se poden mellorar. Así o explicaba esta mañá a directora da Axencia Galega de Doazóns, Marisa López, na presentación da campaña de verán, acompañada polo Concelleiro Lino Mouriño. Grazas a este xesto solidario. os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada dia, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.