skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A FESTA DO ALBARIÑO VOLVE A FOMENTAR A RECICLAXE DE VIDRO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Festa do Albariño de Cambados, que se inicia mañá, volve a fomentar a reciclaxe de vidro nunha campaña de colaboración entre o Concello, a Xunta e Ecovidro. O obxectivo é que todo o material que se xere durante os cinco días de Festa, o ano pasado foron 13 toneladas. se poida reutilizar e ademáis evitar, ao tempo, as incidencias por cortes con cristais nos pes. A iniciativa inclúe a dotación adicional de 15 novos contedores especiais, a entrega ás adegas dun cubo adaptado para almacenar o vidro que se vaia xerando e que será retirado a diario por un…

Read the full description

equipo de ecopatrullas, e a colocación dun posto informativo atendido por monitores especializados para concienciar aos asistentes. Con esta campaña, a Consellería de Medio Ambiente e Ecovidrio aspiran a recuperar para o seu reciclado unhas 90.000 botellas, o que representa máis de 30 toneladas de vidro, e co que se contribúe á loita contra o cambio climático ao evitar as emisións de GEI na súa fabricación, aforrando tamén enerxía, evitando a extracción de materias primas da natureza e minimizando a erosión e a deforestación da nosa contorna. A campaña foi presentada esta mañá polo concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, o xerente de Ecovidro en Galicia, Germán Fernández e a directora xeral de Calidade Ambiental da Xunta, Mari Cruz Ferreira.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.