Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O XOGADOR INFANTIL DO TERRON EVOLUCIONA FAVORABLEMENTE
O xogador infantil do Vilanova que resultou ferido o pasado sábado durante un partido no campo de O Terrón, evoluciona favorablemente pero ainda permanecerá unha semana en observación. O menor sufriu un aparatoso golpe na cabeza que o deixou insconsciente no campo e foi evacuado por un helicóptero de emerxencias ante a imposibilidade da chegada dunha ambulancia. Ante estas circunstancias, dende a CIG, volven demandar, xunto co colectivo de técnicos en emerxencias sanitarias do Salnés, que se dote urxentemente á comarca cunha ambulancia medicalizada. Denuncian que o xogador infantil tivo que…
Read the full description
esperar á chegada do helicóptero medicalizado, con base en Santiago, entre 30 e 40 minutos para ser evacuado. O sindicato pide responsabilidades ao Sergas e que os concellos contesten ás peticións de reunión co colectivo de traballadores/as o máis axiña posíble. Dende o concello de Vilanova, o alcalde Gonzalo Durán xustificaba a ausencia da ambulancia por algún motivo que todavía descoñece e agarda as explicacións do 061.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.