Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CARREGAL REALIZA A SUA TRADICIONAL APORTACION NAVIDEÑA AOS COLECTIVOS SOCIAIS DE VILAGARCIA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ramiro Carregal, propietario da empresa Frinsa e fillo predilecto de Vilagarcía, fixo entrega esta mañá dun donativo a diferentes asociacións de carácter social da zona como ven facendo nos últimos anos con motivo das datas de Nadal. O empresario e presidente de Honra da Fundación Amigos de Galicia visitou esta mañá Cáritas Arousa e Cruz Vermella Vilagarcía de Arousa e mañá martes tamén estará no Centro Princesa Letizia, en Bata e en Con Eles. Trala visita, Carregal comentábanos as súas impresións cos nenos e nenas dos colectivos. Carregal é coñecido…
Read the full description
pola súa solidariedade coas asociacións da zona e non só coas de carácter social, senón tamén cos colectivos culturais deportivos e sanitarios. Ademais da doazón de índole económica, entrega doazóns de conservas ao longo de todo o ano. E aproveitando as visitas do Presidente de Honra da Fundación Amigos de Galicia, a entidade entregará xoguetes para os usuarios e usuarias dos centros Princesa Letizia e Con Eles, unha entrega que se enmarca dentro da Campaña de Nadal da entidade “Comparte Ilusión” pola que se estima a entrega de 2.695 xoguetes para menores en risco de exclusión social de Galicia.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.